Ensalada de feixóns negros

  • Primeiro prato
  • 3544 visitas
Región
Euskadi Euskadi
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
Menos de 30 minutosGA
Ensalada de feixóns negros

Descargar

kcal
480 24%
Azúcares
6,2g 7%
Grasas
27g 38%
Grasas saturadas
4g 21%
Sal
1g 13%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Picamos á xuliana fina a ceboliña, o branco do porro e mais o pemento verde e rustrímolos nunha tixola con aceite. Para preparar a vinagreta, nunha cunca dispoñemos o tomate pelado, o medio pemento verde e as olivas negras, todos os ingredientes moi picados. Agregámoslles o vinagre, o sal e o aceite e despois mesturamos a vinagreta cos feixóns negros cocidos. Colocamos o rustrido de verduras no fondo dunha fonte. No centro, os feixóns coa vinagreta. Decoramos o exterior do prato cunhas follas de escarola limpas e cortadas.
Unha dieta variada, na que estean presentes todos os grupos de alimentos, elaborados de distintas maneiras, asegúranos non só que a alimentación sexa equilibrada senón que evitamos ademais a monotonía na mesa. Esta ensalada é un exemplo de como sorprender os nosos familiares cun prato baseado en legumes, pois estamos a ofrecelos en forma de ensalada e non nun guiso, como se fai decote. Os feixóns proporcionan hidratos de carbono complexos e proteínas vexetais. O seu contido en graxa é escaso, así que se os tomamos en combinación con verduras ou cereais como o arroz, obtemos pratos saudables que poden incluírse na dieta de calquera persoa, tendo conta da ración de consumo. Os feixóns son moi ricos en fibra, necesaria para regular o tránsito intestinal, aínda que a algunhas persoas pode ocasionarlles problemas de flatulencia. Para evitar este inconveniente recoméndase cociñar os legumes con herbas dixestivas. O contido en minerais deste legume é excepcional e salientan sobre todo o potasio, o fósforo e mais o magnesio. As persoas que padecen insuficiencia renal deben ter en conta a elevada achega de potasio e fósforo, xa que son minerais que convén reducir na súa alimentación.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 250 g de feixóns negros cocidos
  2. 1 porro (a parte branca)
  3. 1 pemento verde
  4. 1 cebola
  5. 50 g de escarola
  6. 1 tomate
  7. 15 olivas negras
  8. 125 ml de aceite de oliva
  9. 40 ml de vinagre
  10. Un chisco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/