Ensalada verde con champiñóns mariñados, espinacas e tomate
- Primeiro prato
- 2577 visitas
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 173 9%
- Azúcares
- 4,3g 5%
- Grasas
- 15g 22%
- Grasas saturadas
- 3g 13%
- Sal
- 0,4g 7%
Modo de preparación
Lavamos e fileteamos os champiñóns e colocámolos durante 15 minutos nun bol canda o zume de medio limón, o aceite de oliva e o sal.
Lavamos e cortamos o tomate fresco.
Dámoslles un lixeiro fervor ás espinacas cun pouco de auga, sal e unha cullerada de aceite de oliva. En estando cocidas, escorrémolas e cortámolas.
Montamos a ensalada mesturando as leitugas cos champiñóns, as espinacas e mais o tomate cortado e aliñamos co aliño dos champiñóns.
A mestura de verduras de folla verde fai destacar esta receita polo seu contido en folatos, vitamina K, magnesio e betacaroteno (pigmento laranxa que actúa como provitamina A, pero que está enmascarado nestas verduras pola clorofila, de cor verde máis abundante). O limón suxerido para o aliño, e mais o tomate, súmanlle vitamina C, o que favorece a transformación do ferro vexetal férrico a ferroso, máis asimilable a nivel celular. No seu conxunto é unha receita lixeira, moi nutritiva, revitalizadora e refrescante.
Ingredientes (4 personas)
- 250 g de leitugas variadas
- 200 g de champiñóns
- 100 g de espinacas
- 50 g de limón (medio limón)
- 1 tomate
- 60 ml de aceite de oliva
- Un chisco de sal
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
