Ensalada de cenoria con ceboliña e pementos
- Primeiro prato
- 3735 visitas
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 244 12%
- Azúcares
- 11g 13%
- Grasas
- 20g 29%
- Grasas saturadas
- 3g 17%
- Sal
- 0,5g 8%
Modo de preparación
Córtanse as cenorias en tiras finas e colócanse nun cazo cunha pouca auga (o xusto para cubrir as cenorias) a ferver e cun chisco de sal. O fervor dámosllo 30 segundos.
Unha vez escaldadas, refrescámolas baixo un chorro de auga fría e reservámolas.
Pelamos as ceboliñas e cortámolas canda os pementos en tiras finas (corte á xuliana).
Nunha ensaladeira colocamos as tiras de cenoria escaldadas canda as tiras finas das ceboliñas e os pementos.
Preparamos unha vinagreta co aceite de oliva, o vinagre e mais o sal, e batemos todo ata conseguir un prebe homoxéneo. Este aliño engadímolo xusto no momento de consumir.
É un prato que de seu concentra unha boa dose de antioxidantes, vitaminas, minerais, auga e fibra. A cenoria é un vexetal rico en auga e en hidratos de carbono, moi rico en betacaroteno ou pro-vitamina A, e que contén ademais vitamina E, substancias ambas que actúan como antioxidantes e axudan a neutralizar os radicais libres. O consumo frecuente de cenorias contribúe por este motivo a reducir o risco de enfermidades cardiovasculares, dexenerativas ou cancerosas. O pemento é o alimento máis rico en vitamina C; ao non estar neste caso cociñado, mantén toda a concentración desa vitamina, que é sensible á calor. A ceboliña, pola súa banda, tamén achega outros compostos antioxidantes, o que finalmente converte esta ensalada nunha boa fonte de vitaminas, minerais e substancias protectoras da nosa saúde.
Ingredientes (4 personas)
- 400 g de cenoria
- 200 g de ceboliña
- 1 pemento verde
- 1 pemento vermello
- Ceboliño
- 80 ml de aceite de oliva
- 20 ml de vinagre
- Un chisco de sal
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
