Galletas de Nadal (galletas de xenxibre)
- Sobremesa
- 4082 visitas
- Dificultad
- Dificultad media
- Tiempo
- Máis de 2 horas

- kcal
- 377 19%
- Azúcares
- 7,3g 8%
- Grasas
- 13g 18%
- Grasas saturadas
- 6g 31%
- Sal
- 0g 0g%
Modo de preparación
Nun bol mesturamos a fariña, o azucre moreno, a canela e mais o fermento. Cando estea unido, agregámoslle a manteiga (en consistencia de "pomada"), o mel, a reladura de xenxibre e o ovo. Traballamos a masa ata conseguir unha bóla homoxénea e nada pegañenta.
Repousamos esta masa durante dúas horas, tapada e nun lugar fresco.
Colocamos a masa entre dous papeis de forno e estirámola coa axuda dun rolete ata conseguir unha lámina de dous centímetros de grosor. Cun cortador de pasta facemos as figuras desexadas e colocámolas sobre unha bandexa de forno forrada con papel de forno.
Cociñamos a 180 ºC durante uns 15 minutos, sacamos as galletas e cando amornen esparexémoslles por riba azucre glas.
Deliciosa sobremesa con base en fariña, manteiga, azucre, ovo e xenxibre. Esta é unha receita calórica, acaída para un consumo esporádico. Posúe unha cantidade xenerosa de calorías provenientes a maior parte dos hidratos de carbono complexos da fariña, dos azucres simples do azucre e mais o mel, e das proteínas e graxas da manteiga e o ovo. O xenxibre, pola súa banda, é moi apreciado polo aroma e o sabor picante, e é amplamente utilizado como ingrediente na cociña asiática. Na nosa cociña utilizámolo, sobre todo, para elaborar caramelos e pan de xenxibre ou para lle dar sabor a galletas e outros produtos de pastelería.
Ingredientes (4 personas)
- 250 g de fariña
- 20 g de azucre moreno
- 3 g de canela en po
- 10 g de mel
- 50 g de manteiga
- 1 ovo
- Un chisco de reladura de xenxibre
- Azucre glas para decorar
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
