Marmelada de laranxa e mandarina

  • EntranteGA
  • 3573 visitas
Dificultad
Dificultad media
Tiempo
De 1 a 2 horas
Marmelada de laranxa e mandarina

Descargar

kcal
92 5%
Azúcares
22g 24%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Con esta receita poderemos aproveitar a froita que teñamos na casa a piques de pasarse, como por exemplo unhas laranxas ou unhas mandarinas. Nunha cazola poñemos a cocer as tonas e os carozos das mazás, dous decilitros de auga e o zume de limón, durante 10 minutos. Deixamos arrefriar na propia auga e conseguimos así unha auga con pectina que nos vai axudar a a solidificar a marmelada. Estonamos as laranxas e as mandarinas, separamos os cuarteiróns e colocámolos na cazola coa auga, coada, na que cocemos a mazá. Durante unha hora cociñamos a lume medio e unha vez pasado este tempo agregamos o azucre e cocemos durante outros 10 minutos, remexendo para que o azucre non se queime. Despois trituramos pasando a marmelada polo pasador de puré (se queremos que quede máis fina) e esperamos que arrefríe e espese antes de ser utilizada.
A marmelada é un aliño idóneo para unha gran diversidade de pratos. Non é unha receita calórica e apenas contén graxa, pero é fonte dunha importante cantidade de azucres. A marmelada de laranxa e mandarina é un alimento rico en hidratos de carbono, potasio, fósforo e magnesio, ademais de vitaminas A, B9 e C. É unha receita para gozar en pequenas cantidades, sempre e cando non estea contraindicada.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de laranxas
  2. 50 g de mandarinas
  3. 60 g de azucre
  4. 5 ml de zume de limón
  5. 1 mazá

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/