Tortilla de xoubas en tomate
- Segundo prato
- 3211 visitas
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 353 18%
- Azúcares
- 0,4g 1%
- Grasas
- 28g 40%
- Grasas saturadas
- 6g 28%
- Sal
- 1g 10%
Modo de preparación
Sacamos as xoubas con tomate da conserva e quitámoslles os lombos.
Nunha tixola douramos os allos e salteamos as xoubas co allo. Engadimos os ovos batidos, un pouco de sal, pirixel picado e remexemos ata que callen.
Agregamos sal no remate.
Dámoslle forma redonda ou ovalada e sacámola de xeito que quede cremosa no interior.
As tortillas son pratos moi sinxelos de elaborar e moi nutritivos. Admiten a combinación practicamente con calquera alimento, o que arrequece en nutrientes o prato final. Os ovos achegan proteínas de alta calidade que se suman ás das xoubas. Estas, como peixe azul, achegan graxa boa, os ácidos graxos omega 3, polo que a combinación de ambos os alimentos é moi interesante. Se se pretende facer un prato más lixeiro pódese optar por elaborar a tortilla con sardiñas frescas en vez de sardiñas en conserva. Incluso a cantidade de sal será menor e xa que logo a receita ha ser máis saudable no caso de hipertensión arterial.
Ingredientes (4 personas)
- 6 ovos
- 16 xoubas en salsa de tomate (ou oito sardiñas grandes)
- 1 dente de allo
- Pirixel
- 10 ml de aceite de oliva
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
