Hamburguesa sen carne
- Bigarren platera
- 4702 visitas
- Zailtasuna
- Zailtasun ertaina
- Denbora
- 30 minutu baino gutxiago

- kcal
- 121 6%
- Azukreak
- 1,4g 2%
- Koipeak
- 6,2g 9%
- Koipeak saturatuak
- 0,8g 4%
- Gatza
- 0,4g 7%
Prestaketa
Poñemos a escorrer o tofu nun coador. Despois trituramos as cenorias cocidas e os feixóns verdes cocidos canda o tofu escorrido, o dente de allo, a fariña e mais a maicena, un chisquiño de pemento doce, sal e unhas folliñas de pirixel. Facemos unha masa, de xeito que nos quede unha pasta que poidamos moldear. Se non está ao noso gusto podemos agregarlle máis fariña, pouco a pouco, ata conseguir a textura desexada.
Dividimos a pasta en bólas e despois esmagámolas lixeiramente, facendo hamburguesas de medio tamaño. Pasámolas por unha pouca fariña e cociñamos nunha tixola antiadherente untada con aceite de oliva. Unha vez cociñada por ambos os lados (e tamén cociñado o interior), témolas listas para servir en formato hamburguesa, ou nun prebe quente de verduras. Tamén podemos darlles formato de minihamburguesas para servilas en boliños pequenos de pan de hamburguesa a xeito de entrantes ou canapés.
O tofu é un alimento que destaca pola cantidade de vitamina K que contén. Ademais é un alimento rico en ferro, ten grandes cantidades de calcio, proteÃna de elevado valor biolóxico, potasio, iodo, magnesio, fósforo e vitaminas A, B3, B9 e B2. A leituga engádelle nutrientes como ferro, calcio, fibra, potasio, iodo, magnesio e vitaminas A, K, C, B7 e B9. Prepárase con feixóns verdes, un alimento baixo en calorÃas e graxa pero que achega nutrientes importantes como fibra, potasio, calcio, magnesio, fósforo e vitaminas A, B2 e B6. Unha receita apta para vexetarianos, con boa achega nutricional e moi equilibrada. Â
Osagaiak (4 personas)
- 200 g de tofu
- 50 g de cenoria cocida
- 50 g de feixóns verdes cocidos
- 30 g de fariña
- 10 g de maicena
- 1 diente de allo
- 4 g de follas de pirixel
- 4 g de pemento doce
- Un chisco de sal
- 20 ml de aceite de oliva virxe
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
