Acelgas con patacas
- Primer plato
- 1536 visitas
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- De 30 minutos a 1 hora
- kcal
- 134 7%
- Azúcares
- 2,1g 2%
- Grasas
- 8g 11%
- Grasas saturadas
- 1,1g 6%
- Sal
- 0,5g 8%
Modo de preparación
Separamos as follas dos talos das acelgas, pelamos a parte con fíos dos talos e cortamos en xuliana (en tiras finas) canda as follas das acelgas lavadas.
Nunha pota con auga e sal dámoslles unha cocción de 15 minutos. Despois escorrémolas e reservámolas.
Pelamos as patacas e as cenorias e cortámolas en dados duns 5 centímetros. Pelamos o allo e fileteámolo. Cocemos as patacas e a cenoria nunha pota, cubertas de auga, cun chisco de sal e un chorriño de aceite.
Na tixola, con catro culleres de aceite de oliva, douramos os dentes de allo fileteados. Cando estean dourados, engadímoslles as acelgas escorridas e refogamos todo xunto. Engadimos as patacas e as cenorias cocidas e escorridas e mollamos todo cun pouco do caldo da cocción das acelgas. Pomos a punto de sal e servimos.
.
A acelga é unha verdura cun destacado contido en betacarotenos, o gran antioxidante. É un alimento moi completo; contén potasio, magnesio, ferro e iodo. É rica en vitaminas A, C, E e K e o contido calórico é realmente baixo. Canda a pataca favorece a acción diurética do organismo. A pataca achégalle ao prato enerxía; é un hidrato de carbono que ademais engade potasio, vitamina C e máis antioxidantes, igual ca a cenoria, un potente nutriente cun salientable efecto antioxidante. Daquela é unha receita idónea, sa e moi nutritiva.
Ingredientes (4 personas)
- 250 g de acelgas frescas
- 200 g de pataca
- 1 cenoria
- 2 dientes de allo
- 40 ml de aceite de oliva virxe
- Un chisco de sal
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/