Cardo con coello guisado en salsa de tomate
- Segundo plato
- 1692 visitas
- Región
- Euskadi
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- De 30 minutos a 1 hora
- kcal
- 204 10%
- Azúcares
- 5,3g 6%
- Grasas
- 9g 12%
- Grasas saturadas
- 2g 11%
- Sal
- 1g 11%
Modo de preparación
Picamos o allo, mesturámolo co sal e untamos con isto a superficie dos pernís do coello, que despois sofriximos nunha cazola baixa co aceite de oliva quente. En estando lixeiramente dourada a superficie e sen que chegue a queimarse o allo, agregámoslle a salsa de tomate caseira, tapamos a cazola e deixamos cociñar a lume manso durante 40 minutos. Unha vez cociñado o coello, escorremos o cardo da conserva, mesturámolo co prebe do coello, dámoslle un fervor de dous minutos, poñemos a punto de sal e servímolo no momento, deitándolle por riba unhas pementas variadas.
Receita saborosa, substanciosa e lixeira, que combina alimentos fáciles de dixerir e con poucas calorías. Pódese usar como prato principal no menú, xa que reúne variados nutrientes: as vitaminas, os minerais e a fibra do cardo, canda as proteínas de alta calidade do coello, adubado coas graxas saudables do aceite de oliva. O complemento perfecto podería ser un alimento rico en hidratos de carbono: ben un anaco de pan ou algo de arroz ou pasta como acompañamento.
Ingredientes (4 personas)
- 400 g cardo en conserva
- 600 g coello
- 300 g salsa de tomate
- 2 dientes de allo
- 20 ml de aceite de oliva (dúas culleradas)
- Un chisco de sal
- Pementas variadas
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/