Crema de cenoria
- Primer plato
- 1300 visitas
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- De 30 minutos a 1 hora
- kcal
- 251 13%
- Azúcares
- 10g 11%
- Grasas
- 12g 18%
- Grasas saturadas
- 2g 10%
- Sal
- 1g 12%
Modo de preparación
Estonamos as patacas, a cabaciña e mais a cenoria. Cortamos todo en dados e reservamos.
Limpamos a cebola, os dentes de allo e mais o porro, e cortámolos en xuliana (corte en tiras finas) e rustrímolos nunha cazola con aceite de oliva quente.
Unha vez cociñada a verdura, agregámoslle a cenoria, as patacas e a cabaciña, refogamos o conxunto e cubrimos con auga. Deixamos cociñar a lume moderado durante unha hora nunha pota normal ou 20 minutos nunha a presión.
Cando a verdura estea cociñada, levámola ao pasador de puré ou ao batedor. Poñemos a punto de sal e agregámoslle unha culler pequena de aceite de oliva virxe para refinar a crema. Tamén podemos dar un toque máis fino agregando un pouco de manteiga ou de nata líquida. Servimos quente cuns carochos de pan torrados ou fritidos.
Excelente fonte de vitaminas, minerais e antioxidantes. A cenoria é unha hortaliza rica en fibra, fósforo e carotenos; quizais o seu único "inconveniente" sexa o alto contido en azucre. Perfecta para a pel e a visión, é unha hortaliza esencial na nosa dieta. Acompáñase de pataca, que lle achega enerxía e dálle a textura á crema, ademais dun sabor máis forte. O porro e mais a cebola engádenlle ferro, fósforo e vitamina E. Unha receita lixeira e apta para a maioría dos consumidores.
Ingredientes (4 personas)
- 400 g de cenoria
- 100 g de pataca
- 100 g de cabaciña
- 1 cebola
- 1 porro
- 2 dientes de allo
- 60 ml de aceite de oliva
- Un chisco de sal
- 100 g de carochos de pan fritido
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/