Croquetas de marisco

  • Segundo prato
  • 261 visitas
Dificultad
Dificultad media
Tiempo
De 1 a 2 horas
Croquetas de marisco

Descargar

kcal
251 13%
Azúcares
7g 8%
Grasas
3,4g 5%
Grasas saturadas
1,3g 6%
Sal
1g 11%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Picamos a cebola e mais o allo á brounoisse e rustrímolas en aceite moi quente. Engadímoslle a fariña e cando estea ben mesturada vertémoslle o leite, que previamente quecemos ata chegar ao punto de fervor e logo sazonamos coa reladura de noz moscada. As colas de lagostino pelámolas e picámolas en cru, e despois reservámolas. Mantense a lume medio forte e sen deixar de remexer incorporámoslles as colas de lagostino ben picadas, o pirixel, o sal e a pementa. Séguese remexendo sen baixar o lume ata obter unha pasta cremosa e homoxénea. Chegado ese punto, esténdese a pasta sobre unha placa para arrefriar a temperatura ambiente. De que estea fría córtase en porcións para croquetas, dándolle a forma e o tamaño que se desexe, segundo o gusto. Batemos os ovos e pasamos as croquetas, primeiro pola fariña, despois polo ovo e finalmente polo pan relado, e a seguir frixímolas nunha tixola con abundante aceite moi quente. Sácanse as croquetas para unha bandexa ou un prato con papel de cociña para eliminar a graxa de frixir, e despois pásanse á bandexa ou ao prato de servizo acompañando cunha salsa de tomate quente.
As croquetas son un dos entrantes e aperitivos máis populares da nosa gastronomía. Pódense elaborar con practicamente calquera tipo de alimento, se ben neste caso o ingrediente principal é o marisco, concretamente o lagostino. Estas croquetas van achegar pequenas cantidades de proteínas como consecuencia da presenza deste crustáceo, se ben os ingredientes empregados para a elaboración do bechamel van achegar hidratos de carbono procedentes da fariña e proteínas e minerais como o calcio, presentes no leite. O xeito de elaborar as croquetas, frixir, fai que o seu contido graxo e calórico aumente. Para intentar que este aumento sexa o máis baixo posible convén introducir as croquetas no aceite unha vez que este xa estea quente e depositalas cando estean feitas nun papel de cociña absorbente, para que o aceite sobrante quede nel.

Ingredientes (4 personas)

  1. 100 g de fariña
  2. 500 ml de leite semidesnatado
  3. 200 g de lagostinos
  4. 100 g de cebola
  5. 2 dentes de allo
  6. Pementa branca
  7. Noz moscada
  8. Un chisco de sal
  9. 100 ml de aceite de oliva
  10. 100 g de pan relado

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/