Ensalada de feixóns verdes e gambas con vinagreta de tomate
- Primer plato
- 1424 visitas
- Dificultad
- Dificultad baja
- Tiempo
- Menos de 30 minutos
- kcal
- 251 13%
- Azúcares
- 10g 11%
- Grasas
- 12g 18%
- Grasas saturadas
- 2g 10%
- Sal
- 1g 12%
Modo de preparación
Cocemos en auga con sal as gambas peladas durante dous minutos.
Cortamos o tomate e a ceboliña en dados pequenos.
Nun bol poñemos o tomate, a ceboliña, o aceite, o sal e o vinagre, e mesturámolo todo ben cunha culler.
Limpamos as vaíñas quitándolles o fío exterior coa axuda dun pelador e cortámolas en tiras grosas.
Cocémolas en abundante auga cun pouco de sal, ata que queden tenras.
A continuación sacámolas da auga e reservámolas.
No centro do prato colocamos as vaíñas, enriba delas as gambas e cubrimos coa vinagreta de tomate e pirixel picado.
Esta receita presenta unha ensalada nutritiva e ben doada de preparar. Os feixóns verdes, canda o resto de hortalizas que compoñen a ensalada, convértena nun prato rico en diferentes vitaminas e minerais, así como en substancias con acción antioxidante, moi beneficiosas para a saúde. As gambas, pola súaa banda, son o ingrediente que lle achega á ensalada proteínas de alto valor biolóxico. A composición e as características nutricionais dos ingredientes que compoñen a ensalada fan que esta sexa un prato de baixo contido calórico, que podería estar indicado para persoas que necesiten levar a cabo unha dieta de adelgazamento.
Ingredientes (4 personas)
- 600 g de feixóns verdes
- 200 g de gambas
- 200 g de tomate
- 250 g de ceboliña
- 80 ml de aceite de oliva
- 30 ml de vinagre de vino de xerez
- Un chisco de sal
- Pirixel
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/