Tempura de verduras con mel
- Primer plato
- 2293 visitas
- Dificultad
- Dificultad alta
- Tiempo
- De 30 minutos a 1 hora
- kcal
- 292 15%
- Azúcares
- 18 20%
- Grasas
- 1,2 2%
- Grasas saturadas
- 0,2 1%
- Sal
- 1 11%
Modo de preparación
Coa axuda dun pelador partimos as cenorias en tiras e logo cocémolas brevemente en auga fervendo con sal, ata que estean al dente (cocidas pero lixeiramente crúas por dentro); finalmente, escorrémolas nun coador pasándoas pola billa da auga fría e reservámolas. Por separado, cada unha na súa cazola, cocemos o resto das verduras con auga salgada a ferver, ata deixalas al dente. Escorrémolas como fixemos coa cenoria e reservamos tamén.
Colocamos a fariña nun amplo recipiente con auga moi fría e formamos unha crema homoxénea. Pasamos a clara de ovo por un batedor eléctrico. Mesturamos con coidado a clara e o engrudo de auga con fariña e poñemos a punto de sal. Na mestura resultante introducimos as cenorias, o brócoli, a cabaciña e os feixóns verdes. Facemos moreíñas pequenas e friximos de poucas en poucas verduras, nun cazo con aceite de oliva quente. Necesitamos que o cazo teña profundidade para facer unha fritada, como se fose unha frixideira pero en pequeno.
Unha vez frixidas estas moreíñas de verduras, sacámolas a unha bandexa con papel de cociña, para que elimine o exceso de aceite da fritada. Servimos chantadas en pequenos espetos, acompañadas dun prebe agridoce de mel. Para elaborar este prebe mesturamos nun bol a mostaza antiga, mel, ketchup, oito gramos de prebe de soia e sal afumado, remexemos e formamos un aderezo untuoso, ideal para un entrante de picar.
Usando cenoria, brócoli, cabaciña e feixóns verdes, esta receita supón unha importante dose de vitaminas e minerais. É fonte de calcio, fibra, potasio, iodo, zinc, magnesio, fósforo e vitaminas A, C, E, B7, B9, B3 e K. Son vexetais baixos en sodio, con poucas calorías e case sen graxa. Prepárase con prebe agridoce de mel, un alimento moi rico en carbohidratos e excelente fonte de nutrientes como potasio, iodo, zinc, magnesio, fósforo e vitaminas B9, C e K. Cómpre ter en conta así e todo que se frixe e que se lle engaden prebes como o de soia, ketchup ou mostaza. É unha receita algo graxa e un pouco calórica, polo que debe consumirse con tino.
Ingredientes (4 personas)
- 200 g de cenoria
- 200 g de brócoli
- 100 g de cabaciña
- 200 g de feixóns verdes
- Para a tempura:
- 200 g de fariña
- 200 g de auga moi fría
- 1 clara de ovo
- Unhas follas de pirixel
- 2 g de sal
- Para o prebe agridoce de mel:
- 50 g de mel de multiflores
- 10 g de mostaza de calidade
- 40 g de ketchup
- 5 g de prebe de soia
- 2 g de sal afumado
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/