Ensalada verde con champiñóns mariñados, espinacas e tomate

  • Primeiro prato
  • 2576 visitas
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
Menos de 30 minutosGA
Ensalada verde con champiñóns mariñados, espinacas e tomate

Descargar

kcal
173 9%
Azúcares
4,3g 5%
Grasas
15g 22%
Grasas saturadas
3g 13%
Sal
0,4g 7%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Lavamos e fileteamos os champiñóns e colocámolos durante 15 minutos nun bol canda o zume de medio limón, o aceite de oliva e o sal. Lavamos e cortamos o tomate fresco. Dámoslles un lixeiro fervor ás espinacas cun pouco de auga, sal e unha cullerada de aceite de oliva. En estando cocidas, escorrémolas e cortámolas. Montamos a ensalada mesturando as leitugas cos champiñóns, as espinacas e mais o tomate cortado e aliñamos co aliño dos champiñóns.
A mestura de verduras de folla verde fai destacar esta receita polo seu contido en folatos, vitamina K, magnesio e betacaroteno (pigmento laranxa que actúa como provitamina A, pero que está enmascarado nestas verduras pola clorofila, de cor verde máis abundante). O limón suxerido para o aliño, e mais o tomate, súmanlle vitamina C, o que favorece a transformación do ferro vexetal férrico a ferroso, máis asimilable a nivel celular. No seu conxunto é unha receita lixeira, moi nutritiva, revitalizadora e refrescante.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 250 g de leitugas variadas
  2. 200 g de champiñóns
  3. 100 g de espinacas
  4. 50 g de limón (medio limón)
  5. 1 tomate
  6. 60 ml de aceite de oliva
  7. Un chisco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/