Ensalada de cenoria con ceboliña e pementos

  • Primeiro prato
  • 3736 visitas
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
Menos de 30 minutosGA
Ensalada de cenoria con ceboliña e pementos

Descargar

kcal
244 12%
Azúcares
11g 13%
Grasas
20g 29%
Grasas saturadas
3g 17%
Sal
0,5g 8%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Córtanse as cenorias en tiras finas e colócanse nun cazo cunha pouca auga (o xusto para cubrir as cenorias) a ferver e cun chisco de sal. O fervor dámosllo 30 segundos. Unha vez escaldadas, refrescámolas baixo un chorro de auga fría e reservámolas. Pelamos as ceboliñas e cortámolas canda os pementos en tiras finas (corte á xuliana). Nunha ensaladeira colocamos as tiras de cenoria escaldadas canda as tiras finas das ceboliñas e os pementos. Preparamos unha vinagreta co aceite de oliva, o vinagre e mais o sal, e batemos todo ata conseguir un prebe homoxéneo. Este aliño engadímolo xusto no momento de consumir.
É un prato que de seu concentra unha boa dose de antioxidantes, vitaminas, minerais, auga e fibra. A cenoria é un vexetal rico en auga e en hidratos de carbono, moi rico en betacaroteno ou pro-vitamina A, e que contén ademais vitamina E, substancias ambas que actúan como antioxidantes e axudan a neutralizar os radicais libres. O consumo frecuente de cenorias contribúe por este motivo a reducir o risco de enfermidades cardiovasculares, dexenerativas ou cancerosas. O pemento é o alimento máis rico en vitamina C; ao non estar neste caso cociñado, mantén toda a concentración desa vitamina, que é sensible á calor. A ceboliña, pola súa banda, tamén achega outros compostos antioxidantes, o que finalmente converte esta ensalada nunha boa fonte de vitaminas, minerais e substancias protectoras da nosa saúde.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 400 g de cenoria
  2. 200 g de ceboliña
  3. 1 pemento verde
  4. 1 pemento vermello
  5. Ceboliño
  6. 80 ml de aceite de oliva
  7. 20 ml de vinagre
  8. Un chisco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/